COMUNICADO: Racismo e Xenofobia en Galicia

COMUNICADO: Racismo e Xenofobia en Galicia

INFORME ANUAL 2018: RACISMO E XENOFOBIA EN GALICIA

Como dende hai 53 anos, cada 21 de marzo conmemorase o día Internacional pola Eliminación da Discriminación Racial en lembranza da Matanza de Sharpeville acontecida en 1960 contra manifestantes que loitaban contra as políticas segregacionistas e racistas do Apartheid en Sudáfrica a mans da policía.

Décadas despois, a discriminación étnica/racial continua a estar presente na sociedade, atopando a súa orixe no pasado colonial que perpetúa as diferenzas de norte-sur global, afectando ao imaxinario colectivo e influíndo na actuación e papel dos Estados.

Este racismo estrutural reflíctese na vida diaria das persoas migrantes e/ou racializadas, na súa relación coas Administracións, no acceso aos servizos públicos ou privados, como a saúde ou a vivenda, na actuación e o abuso de poder das forzas e corpos de seguranza do estado, e mesmo na relación entre persoas particulares.


Pese aos múltiples avances en materia de igualdade de trato e non discriminación, a vulneración de dereitos, a comisión de delitos de odio e o racismo institucional continúan a ser o pan de cada dia, con máis forza co recente auxe da extrema dereita e o fascismo a nivel europeo e en territorio español.


Dende as Oficinas de Información e Denuncia en materia de Racismo e Xenofobia (OID), entendemos que é preciso, non só asesorar cada caso de xeito individual, se non tamén visibilizar todas estas situacións a través da incidencia política e social para xerar cambios reais a todos os niveis. “O que non se nomea non existe”.

Cartel Redes Sociais · Presentación Informe Anual 2018Por iso, a través da presentación do Informe Anual sobre Racismo e Xenofobia en Galicia queremos denunciar publicamente aqueles casos de discriminación xenófoba ou racista coñecidos polas OIDs. Os 96 casos de conductas discriminatorias acontecidas e recollidas durante o 2018, apenas reflicten una parte da realidade.

Este ano, a presentación oficial do “Informe Anual 2018 sobre Racismo e Xenofobia en Galicia terá lugar o mércores 27 de marzo ás 19:30h no espazo Cubo-Vigo (R/ Doutor Cadaval 17B) con motivo da apertura da nova Oficina de Información e denuncias na cidade financiada pola Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF

 Facilitarase Dossier de prensa no acto

 Zorahaida Casales (Coordinadora): 647 84 89 69

Patricia Martínez (Avogada): 662 01 66 60



Denuncia
close slider









captcha






HomeMullerColectivo


RegularIrregularNacionalNon consta


Menor de IdadeMaior de Idade






Relato dos feitos/Consulta
Cantos mais detallada sexa a relación de feitos, mellor. Non esquezas engadir, se procede, frases textuais, indumentaria, descripción do axente discriminador, etc..










captcha