
08 Feb Buscamos avogada/o para o servizo de asesoramento en estranxeiría para a oficina de SOS RACISMO GALICIA en Coruña.
Funcións:
- Información e asesoramento legal en materia de estranxeiría.
- Elaboración e interposición de escritos ou recursos.
- Deseño e desenvolvemento de talleres en materia de estranxeiría.
- Elaboración de informes xurídicos.
- Representación en procedementos xudiciais.
Requisitos:
- Licenciatura en Dereito.
- Colexiación como exercente. (absterse avogados/as en non exercicio)
- Formación específica e/ou experiencia en dereito de estranxeiría.
- Coñecementos e interese pola loita contra o racismo e pola defensa dos dereitos humanos.
- Capacidade organizativa, resolutiva, xestión do tempo, traballo en equipo, autonomía, flexibilidade e adaptabilidade.
Valorarase:
- Traxectoria persoal activista ou asociativa.
- Habilidades de oratoria.
- Dominio de Galego a nivel oral e escrito
- Coñecemento doutros idiomas.
- Experiencia profesional en entidades do terceiro sector.
- En igualdade de condicións, para corrixir o sesgo de diversidade cultural da entidade, valorarase a diversidade de orixe étnica ou cultural.
- Experiencia en xustificación de proxectos e subvencións.
Condicións da praza:
Xornada: a tempo parcial
Temporalización: por obra e servizo (ata Xuño de 2022).
Salario: Convenio colectivo estatal de Acción e Intervención Social.
Lugar de traballo: A Coruña
Información requirida:
Currículo vitae e carta de motivación a info@sosracismogalicia.org
Asunto: oferta de emprego Avogado/a estranxeiría
Data tope de recepción de candidaturas: 15/02/2021
Data prevista de incorporación: 01/03/2021
Máis información:
881 96 37 97
info@sosracismogalicia.org