
21 Xan Buscamos avogada/o exercente para la OFICINA DE INFORMACIÓN Y DENUNCIAS de SOS Racismo Galicia
SOS RACISMO GALICIA es una asociación sen ánimo de lucro que traballa co fin de garantir o respecto dos dereitos humanos dende unha perspectiva antirracista.
Funcións:
- Información e asesoramento legal en materia de delitos de odio, discriminación e igualdade de trato.
- Elaboración e interposición de escritos ou recursos.
- Representación en procedementos xudiciais en materia de discriminación.
- Deseño e desenvolvemento de talleres en materia de igualdade de trato e non discriminación e delitos de odio.
- Elaboración de informes xurídicos.
Requisitos:
- Grado/Licenciatura en Dereito e mestrado en avogacía se é preciso.
- Colexiada como exercente (absterse avogados/as en non exercicio)
- Formación específica, interese e/ou experiencia en materia de igualdade de trato e delitos de odio.
- Capacidade organizativa, resolutiva, xestión do tempo, traballo en equipo, autonomía, flexibilidade e adaptabilidade.
Valorarase:
- Traxectoria persoal activista ou implicada a movementos asociativos.
- Habilidades de oratoria.
- Carné de conducir e vehículo.
- Dominio de Galego a nivel oral e escrito.
- Experiencia profesional en entidades do terceiro sector e coñecementos en xestión e xustificación de proxectos.
- Residencia na cidade da Coruña ou arredores.
- En igualdade de condicións, para corrixir o sesgo de diversidade cultural da entidade, valorarase a diversidade de orixe étnica ou cultural.
Condicións da praza:
Xornada: 20 horas semanais.
Temporalización: por obra e servizo (de febreiro a 31 de decembro de 2021).
Salario: Segundo convenio colectivo estatal de Acción e Intervención Social.
Lugar de traballo: A Coruña
Información requirida:
Currículo vitae e carta de motivación a info@sosracismogalicia.org
Asunto: oferta de emprego avogado/a oficina de información e denuncias.
Data tope de recepción de candidaturas: 31/01/2021
Data prevista de incorporación: Febreiro 2021
Máis información:
881 963 797
698 163 742
info@sosracismogalicia.org