STOP MORTES NO MEDITERRANEO. Sábado 9 de maio, ás 12.30 no Paseo Marítimo da Coruña

STOP MORTES NO MEDITERRANEO. Sábado 9 de maio, ás 12.30 no Paseo Marítimo da Coruña

O sábado 9 de maio de 2015 a partir das 12,30 horas terá lugar no Paseo Marítimo da Coruña un acto da campaña STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO organizado polas seguintes entidades:

África Universal, Amnistía Internacional, Asociación Veciñal Agra do Orzán, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu Africa, Foro Galego de Inmigración, Fronte Cívica, La Paz, Médicos do Mundo, Mundo sen guerras e sen violencia, Ong Viraventos, e SOS Racismo Galicia

O acto consistirá nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perden a súa vida no Mediterráneo.

No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014.

Nembargantes, os gobernos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.

E mentres as persoas morren.

¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?

As organizacións convocantes aconsellan as persoas que desexen participar na performance, que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou o paseo marítimo a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.

11210473_676844055778033_1179895181798076675_n