SOS Racismo Galicia

SOS RACISMO GALICIA é unha organización sen ánimo de lucro, independente, laica, multicultural e plural, que se enmarca dentro da Federación de Asociacións de SOS RACISMO do Estado Español.

Os principais fins que perseguimos son:

Loitar contra calquera forma de discriminación por razón de cor de pel, de orixe, de cultura ou relixión para lograr unha sociedade xusta e libre de prexuízos e estereotipos.

Difundir valores, actitudes e prácticas para que a poboación recoñeza, acepte e normalice o carácter pluricultural e multirracial da sociedade galega, e valore positivamente a riqueza socioeconómica que achega a diversidade e a interculturalidad.

Favorecer a integración sociolaboral do colectivo inmigrante residente en Galicia.

O noso ámbito de acción é a comunidade galega, onde traballamos conxuntamente con outras entidades locais para achegar o noso traballo á maior cantidade posible de persoas e ampliar a área de incidencia da entidade.

Ademais coordinámonos coas entidades pertencentes á Federación de Asociacións de SOS Racismo do Estado Español para lograr que a nosa actividade teña repercusión a nivel nacional.

Anímate a compartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest