Mediación Intercultural e Dinamización Comunitaria

ReDiversa

IMG-20190114-WA0009ReDiversa é un proxecto co que desde SOS Racismo Galicia pretendemos que sexan as propias persoas racializadas e migrantes as dinamizadoras e mediadoras dos procesos de interculturalidad. Romper co rol estereotipado e paternalista de suxeito pasivo a suxeito activo transmisor de coñecementos e dinamizador social.

Con este proxecto, os/as compañeiros/as do equipo de Mediación Intercultural e Dinamización Comunitaria ReDiversa, pretenden contribuír a unha sociedade na que as persoas sexan menos individualistas e teñan máis soños en común, atribuíndo o mellor de cada cultura para facelo “propio” e crear espazos de encontro entre todas as culturas e nacionalidades.

Facilitar canles de comunicación e participación social a través da mediación e a dinamización comunitaria intercultural é o seu principal obxectivo, promovendo a verdadeira cohesión social, o encontro, a participación cidadá e as relacións interculturais na comunidade autónoma galega.

Este proxecto divídese en tres fases:

Formación:

Durante esta fase de tres meses, o equipo técnico ( Jonh, Fatou, Saíd, Nour, Aisha, Sidy, Oluchi, Zinthia e Anna) formaranse en Mediación Intercultural a través da Universidade Nebrija no título de Experto/a en Mediación Intercultural, complementando a súa formación en Dinamización Comunitaria a través de docentes expertos no ámbito.

Deseño de Plan de Dinamización Comunitaria e Mediación Intercultural:

Esta fase nace para poñer en práctica os contidos aprendidos na fase de formación. O equipo técnico deseñará un plan de dinamización comunitaria intercultural para realizar nas principais localidades da comunidade autónoma, e tamén levarán a cabo mediacións que se demanden na entidade, asi como, por diferentes axentes sociais. O deseño do plan terá en conta todos os ámbitos sociais e todos os tramos de idades.

Implementación do Plan de Dinamización Comunitaria

Durante cinco meses, o equipo técnico levará a cabo, mediante contratación laboral, a implementación das actividades deseñadas durante a fase anterior en diferentes localidades da comunidade autónoma galega.

Financia:

logo-vector-obra-social-la-caixa

logoAytoGrCorunaProxima

S.A.M.I.

O SAMI pretende mellorar a convivencia intercultural do conxunto da poboación da Coruña mediante o establecemento de canles de comunicación e entendemento que parten de concepcións de igualdade e de respecto ante as diversas culturas.

Que ofrece o SAMI:

Servizo especializado de Mediación intercultural e/ou Tradución e interpretación sociocultural e lingüística.
Coñecemento en profundidade de diferentes culturas
Manexo de diferentes idiomas
Amplo coñecemento dos recursos da sociedade de acollida

A quen vai dirixido:

Minorías étnicas
Institucións públicas/privadas do ámbito social, laboral, económico, xurídico-administrativo, sanitario, educativo,…

 

Servicio de formación e  sensibilización:

Obradoiros e formación en interculturalidade.

 

WEB MEDIACION.

 

 

 

 

 

 

 

Anímate a compartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest