QUE FACEMOS

Oficina de información e denuncia

  • Asesoramento a aquelas persoas ou colectivos que fosen vítimas de discriminación racista e/ou xenófoba.
  • Denuncia de calquera tipo de feito discriminatorio que provoque agresión, vulneración dos dereitos fundamentais, aplicación desigual de dereitos e da igualdade de oportunidades.
  • Información ás persoas pertencentes a unha minoría étnica sobre os seus dereitos.
  • Documentación dos diferentes casos de racismo e xenofobia que teñan lugar en Galicia.
  • Mediación intercultural, tradución e interpretación.

Integración sociolaboral do colectivo inmigrante e das minorías étnicas

  • Accións de apoio a inserción laboral e social do colectivo inmigrante e as minorías étnicas
  • Accións formativas e educativas dirixidas a comunidades inmigrantes
  • Orientación e asesoramento en materia de estranxeiría, vivenda, educación, sanidade, recursos sociais…

Sensibilización e educación ao desenvolvemento

  • Accións que favorezan que a poboación galega recoñeza, acepte e valore positivamente o carácter pluricultural da sociedade galega, e valore a diversidade cultural como riqueza económica e social.
  • Accións que favorezan que a sociedade galega recoñeza a inmigración como un proceso necesario e positivo.
  • Accións que favorezan o intercambio cultural rompendo a barreira do descoñecemento
  • Accións formativas centradas fundamentalmente en diversidade cultural e prevención da discriminación racial.
Anímate a compartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest