OFERTA EMPREGO: Avogad@ servizo Asesoramento en Estranxeiría

January 15, 2019
0 Comment

Procuramos Avogado/a colexiado como exercente e coñecementos/experiencia no ámbito de estranxeiría, DDHH e igualdade de trato para traballar con noso equipo na localidade de A Coruña.

Funcións:

  • Información e asesoramento legal en materia de estranxeiría.
  • Información e asesoramento legal en materia de discriminación e igualdade de trato.
  • Elaboración e interposición de escritos ou recursos.
  • Deseño e impartición de obradoiros en materia de estranxeiría
  • Elaboración de informes xurídicos.
  • Representación en procedementos xudiciais en materia de discriminación e vulneración de dereitos dentro do ámbito da estranxeiría

Condicións da praza:

  • Xornada: a tempo parcial (20 h semanais)
  • Temporalización: por obra e servizo
  • Salario: según Convenio colectivo estatal de Acción e Intervención Social
  • Lugar de traballo: A Coruña
  • Data incorporación: 04/02/2019

Perfil/requisitos

  • Licenciatura en Dereito.
  • Colexiación como exercente. (absterse avogados/as non exercentes)
  • Formación específica e/ou experiencia en materia de igualdade de trato e dereito de estranxeiría.
  • Carné de conducir e vehículo propio (desprazamento para impartición de formacións ou asistencia xurídica dentro da área metropolitana da Coruña).
  • Coñecementos e interese pola loita contra o racismo e pola defensa dos dereitos humanos.
  • Capacidade organizativa, resolutiva, xestión do tempo, traballo en equipo, autonomía, flexibilidade e adaptabilidade.
  • Dominio de ferramentas informáticas (Word, excel, access, power point….)

Valorarase:

  • Traxectoria persoal activista ou asociativa.
  • Habilidades de oratoria.
  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • En igualdade de condicións, valorarase a diversidade de orixe étnica ou cultural por entender que pode facilitar os procesos de empatía e coñecemento de diversos códigos culturais.
  • Coñecemento de Galego a nivel oral e escrito
  • Coñecemento doutros idiomas
  • Experiencia profesional en entidades do terceiro sector.

Enviar curriculum e carta de motivación a: oid@sosracismogalicia.org

Asunto mail: CV avogad@ Estranxeiría

Data límite recepción cv: Venres 25/01/2019 (14:00 h)

Anímate a compartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest
[top]
About the Author


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *