OFERTA DE EMPREGO: Avogad@ especializada en DDHH, igualdade de trato e delitos de odio

January 16, 2019
0 Comment

Procuramos Avogado/a colexiada como exercente e coñecementos/experiencia no ámbito de DDHH, igualdade de trato e non discriminación, e delitos de odio para traballar con noso equipo da Oficina de Información e Denuncias en materia de Racismo e Xenofobia na localidade de Vigo.

Funcións:

  • Información e asesoramento legal en materia de discriminación, igualdade de trato e delitos de odio.
  • Elaboración e interposición de escritos ou recursos.
  • Deseño e impartición de obradoiros.
  • Elaboración de informes xurídicos.
  • Representación en procedementos xudiciais en materia de discriminación e vulneración de dereitos por cuestión de raza, orixe, cultura ou relixión.
  • Incidencia política e social.

Condicións da praza:

  • Xornada: a tempo parcial (20 h semanais)
  • Temporalización: por obra e servizo
  • Salario: según Convenio colectivo estatal de Acción e Intervención Social
  • Lugar de traballo: Vigo
  • Data incorporación: 04/02/2019

Perfil/requisitos

  • Licenciatura en Dereito.
  • Colexiado/a  en exercicio. (absterse avogados/as non exercentes)
  • Formación específica e/ou experiencia en materia de igualdade de trato, delitos de odio, discriminación e DDHH.
  • Carné de conducir e vehículo propio (desprazamento para impartición de formacións ou asistencia xurídica dentro das provincias de Pontevedra e Ourense)
  • Coñecementos e interese pola loita antirracista e pola defensa dos dereitos humanos.
  • Capacidade organizativa, resolutiva, xestión do tempo, traballo en equipo, autonomía, flexibilidade e adaptabilidade.
  • Dominio de ferramentas informáticas (Word, excel, access, power point….)

Valorarase:

  • Traxectoria persoal activista ou asociativa.
  • Habilidades de oratoria.
  • Dispoñibilidade para viaxar.
  • En igualdade de condicións, valorarase a diversidade de orixe étnica ou cultural por entender que pode facilitar os procesos de empatía e coñecemento de diversos códigos culturais.
  • Coñecemento de Galego a nivel oral e escrito
  • Coñecemento doutros idiomas
  • Experiencia profesional en entidades do terceiro sector.

Enviar curriculum e carta de motivación a: oid@sosracismogalicia.org

Asunto mail: CV avogad@ Denuncias

Data límite recepción cv: Venres 25/01/2019 (14:00 h)

Anímate a compartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest
[top]
About the Author


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *