DOCUMENTAL: Najat, viaxe gastronómica a Marrocos

January 25, 2019
0 Comment

A idea de gravar o evento de “Viaxe gastronómica a Marrocos” xurdiu a través dos espazos de encontro realizados dentro do proxecto “Muller e Islam: Mulleres musulmás en loita contra a Islamofobia e pola participación social” como ferramenta audiovisual para visibilizar outras narrativas dende a propia perspectiva das mulleres musulmás. Con este vídeo quérese demostrar outra cara da comunidade marroquí, que non esté relacionada coa relixión nin coa política, senón algo completamente diferente.

A intención é afastarse dos formatos de entrevista que sempre falan do mesmo: o hijab e a sumisión das mulleres musulmás. Tentouse deixar este formato e tratar este tema, é dicir a islamofobia de xénero, dunha maneira indirecta. Contando a historia de Najat. Introducir unha cara máis natural da migración. Presentar ás mulleres que ofrecen a súa gastronomía e os sabores da súa cultura milenaria. Mulleres musulmás como protagonistas, como suxeitos activos.

Resaltar a cara creativa das mulleres migrantes que queren abrir un espazo dentro do mercado laboral. As mulleres emprendedoras, creativas e traballadoras que tentan saír adiante, traballando duramente pola súa familia, as súas fillxs que viven con elas ou que están no seu país de orixe. Mulleres independentes e autónomas que non son sumisas a ningún home.

As comidas, as cores e a excelente presentación dos pratos no documental, ofrecen outra cara da comunidade marroquí e musulmá. O foco está enriba da cultura, mestura dos sabores, a proximidade dos seres humanos e o parecidos que somos e o marabilloso que é compartir. En ningún momento fálase de porque Najat leva hijab, que opina sobre el, se os musulmáns son machistas, se as musulmás son sumisas, etc. Coñecemos a Najat, e non nos interesa ou non nos preocupa a súa forma de vestir, senón a súa historia. O seu traballo, as súas ideas e as comidas que fai. É unha muller activa, unha profesional que sabe facer ben o seu traballo.

Este vídeo ademais de ser difundido nas redes sociais, pódese empregar nos ámbitos académicos, institutos, escolas para sensibilizar á xeración nova  preto da poboación migrante en xeral e a comunidade musulmá, sobre todo ás mulleres que levan hijab, en particular. O obxetivo do proxeto: a loita de mulleres musulmás contra a islamofobia, a través da participación social, faise realidade coa historia de Najat, contada por ela.

Documentalista: Violeta V. Lúa

Pica na imaxe

Documental: Najat, viaxe gastrónomico a Marrocos

Anímate a compartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest
[top]
About the Author


Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *