18 Set ACTIVIDADE: ENCONTRO SOBRE ISLAMOFOBIA E XÉNERO
Os días 6 e 7 de outubro de 2017 en San Sebastián – Donostia, a Federación SOS Racismo, xunto con SOS Racismo/SOS Arrazakeria e SosRacismo Galicia, organiza no marco do proxecto “Muller musulmá en loita contra a islamofobia” o “Encontro sobre #Islamofobia e #Xénero“
Este espazo de encontro non só é para analizar esta realidade dende un punto de vista multidisciplinar, senon tamén dar voz ás mulleres que participaron neste proxecto nos últimos meses.
A xornada, que é gratuíta, terá lugar na aula da Facultade de Educación, Filosofía e Antropoloxía da Universidade do País Vasco – Euskal Herriko Univertsitatea e non require inscrición previa.
Se queres máis información sobre as reunións, podes escribir a proxectos@sosracismogalicia.org
En breve vos pasaremos o programa definitivo das xornadas.
Financia