ACTIVIDADE: V SEMANA DE LOITA CONTRA AS FRONTEIRAS

noviembre 22, 2017
0 Comment
Dende SOS Racismo Galicia, como entidade participante do Foro Galego de Inmigración, queremos convidarvos as diversas actividades que se levarán a cabo nos próximos días en Galicia, dentro do marco da V Semana de loita contra as fronteiras.

Sem nós non se move o mundo! 

Fronte a violencia patriarcal, autoorganización e apoio mutuo no emprego do fogar Nos últimos cinco anos o Foro Galego da Inmigración adica unha semana a visibilizar as fronteiras que separan as persoas migrantes do conxunto da poboación, restrinxindo o seu acceso a dereitos e liberdades.
 Nese traballo de sensibilización abordamos tanto as fronterias exteriores e os mecanismos represivos da política migratoria española como tambén outras barreiras moito mais sutís ou que permanecen invisíbeis para a meirande parte da cidadanía.
Desta volta abordaremos as fronteiras no aceceso a dereitos laborais, en concreto nun sector maioritariamente ocupado por mulleres migradas como é o emprego do fogar e de coidados. No Estado Español o 90 por cento das empregadas do fogar e de coidados son mulleres; un 46,7 por cento delas teñen tras de si unha historia de migración.
 Da mán de traballadoras organizadas nun espacio autónomo imos coñecer a súa experiencia e o seu proceso de autoempoderamento, ben como a laboura que están a facer en espazos de coordinación estatais para derrubar as fronteiras no acceso a dereitos laborais e sociais.
 Desde esas redes de coordinación estase a desenvolver unha intensa campaña pola ratificación por parte do estado español do Convenio 189 elaborado pola Organización Internacional do Traballo no 2013. Este establece que as empregadas do fogar deben gozar dos mesmos dereitos laborais que os demais sectores, o que abriría a porta para acadar o recoñecemento da prestación por desemprego. Unha discriminación maiúscula que da boa mostra da violencia estrutural, económica e laboral que recae sobre esas traballadoras, aproximadamente unhas seiscentas mil no conxunto do Estado. Tamén de como os traballos que reproducen e sustentan a vida cada día seguen a ser considerados de segunda categoría, relegados á esfera do privado, sin recoñecemento, nin regulación, nin tampouco responsabilidade social sobre as condicións nas se realizan.
Portanto a Semana de Loita contra as Fronteiras enmarcase desta volta no contexto de denuncia das violencias machistas. Á discriminación no acceso á protección social súmanse a falta de contrato e alta na Seguridade Social, as restriccións para acceder a unha baixa ou a dificuldade para que se lles recoñezan accidentes de traballo e enfermedades profesionais, a non retribuición de horas extras, a falta de respeto dos tempos de descanso e de intimidade nos domicilios, o asedio sexual, entre outras.
 Mais fronte a discriminación e a explotación, unión. Esta é a resposta que lle están a dar as nosas convidadas á maraña de violencias á que están sometidas as traballadoras do fogar e de coidados. Acompañarannos Jacqueline Loayza e Roxana Gutiérrez da Asociación Sociocultural NOSOSTRAS por los cuidados y el empleo de hogar de Granada que nos van falar en primeira mán do seu proceso organizativo, das súas loitas, soños e enredos. Debido ao pouco tempo que poden arrebatar das súas xornadas laborais e vidas atribuladas este ano os actos da Semana de Loita contra as Fronteiras concentraranse en dous días. Dous días intensos como as mulleres que nos visitan, nos que amosaran que a autoorganización e o apoio mutuo son ferramentas fundamentais para construír vida dignas, plenas, en liberdade e sen violencia.
Programa: 
A CORUÑA. Venres 24 de novembro. 19:00 horas. R/ Monasterio de Caaveiro 4 (Local Ong Viraventos)
Mesa redonda “SEN NÓS NON SE MOVE O MUNDO”. Coa participación da  UAMI  (Unidade de Asesoramento de Migracións) do Concello da Coruña), Roxana Guitiérrez (Asociación Nosotras), Fundación Juan Soñador (Programa Teranga) i Ecos do Sur (Proxecto Ecolimp).
 
FERROL. Venres 24 de novembro. 19:30 horas. Ateneo Ferrolán
Mesa redonda “DEREITOS E ABUSOS NA EMPREGADA DO FOGAR”. Con Jacqeline Loayza (Asociación NOSOTRAS), Luca Chao e Saínza Ruiz.
 
 
COMPOSTELA. Sábado 25 de novembro. 17:00 horas. Casa do Matadoiro
Conversatorio “SEN NÓS NON SE MOVE O MUNDO. Auto organización e apoio mutuo nos coidados e emprego do fogar”. Dinamizan as compañeiras da ASOCIACIÓN NOSOTRAS.
Anímate a compartirShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedInPin on Pinterest
[top]

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *